G1701007: Administración de dominios en redes locais con GNU/Linux
Esta actividade formativa en rede, forma parte da oferta formativa do plan anual de formación do profesorado de FP para o primeiro trimestre, destinada principalmente ao profesorado da familia profesional de Informática e comunicacións e tamén ao profesorado de Electricidade e electrónica. O profesorado interesado debe contar con coñecementos básicos de administración do Sistema Operativo Linux, sendo este un requisito necesario para participar na actividade.
O curso dedícase ás diversas tecnoloxías que se poden utilizar para a implementación de dominios con usuarios centralizados e recursos compartidos na rede, facendo uso de sistemas GNU/Linux e integrando tamén equipos clientes baseados en Windows. Para os exercicios prácticos empregarase Virtualbox e a última versión LTS do sistema operativo Ubuntu, polo cal os participantes deben contar cun PC con polo menos 4GB de memoria RAM.
Os titores do curso, profesores da familia profesional de informática e comunicacións, xa actuaran coma titores en anteriores edicións con excelente valoración por parte dos participantes.
Data de comezo: 2/10/2017
Data de finalización: 10/12/2017
Lugar de celebración: Platega2
Número de horas totais: 50
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78287
Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=703