S1702008 Xornadas de transporte e mantemento de vehículos. Curso 2017-2018

As Xornadas de Transporte e mantemento de vehículos celebraranse no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela os días 12 e 13 de setembro.
Mér, 05/07/2017 - 10:15
XTMV2017
XTMV2017

Data de comezo: 12 de setembro

Data de remate: 13 de setembro

Lugar de realización: CIFP Politécnico (Santiago de Compostela)

Horas totais: 16 horas

Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78464

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=272

 

Organización das Xornadas

Como en anteriores edicións, celebraranse 3 obradoiros teórico-prácticos en paralelo que se repetirán os días 12 e 13. Cada asistente poderá participar en dous destes obradoiros.

O día 12 de setembro de 9:30 a 10:00 terá lugar a presentación das Xornadas no salón de actos do CIFP Politécnico.

 

Data

Relator/a

Título charla

Contidos do relatorio

12/09/17

09:30-10:00

José Manuel Grille

Coordinador das xornadas

Presentación das Xornadas

  • Presentación de cursos e aspectos organizativos.

  • Presentación dos relatorios e obradoiros.

  • Inscrición nos obradoiros.

12/09/17-13/09/17

09:30-13:30

15:30-19:30

Pedro Álvarez

Normativa aplicada á climatización e novas tecnoloxías

Teoría:

  • Derrogación do RD 795/2010 e entrada en vigor do RD 115/2017

  • Sistemas de detección de fugas e controis periódicos

  • Rexistros

  • Redución dos hidrofluorocarburos a partir de 2020

Análise dos sistemas de climatización máis habituais instalados en vehículos:

  • Sistemas de expansión seca e sistemas inundados

  • Sensores electrónicos de presión

  • Dispositivos de control para o seu correcto funcionamento

Características dos sistemas utilizados en automóbiles eléctricos e híbridos:

  • Variantes para climatizar o habitáculo e a batería

  • Solucións para dar resposta térmica aos momentos de paro de motor en semáforos

  • Tecnoloxía inveter para os compresores en coches eléctricos

Refrixerante HF01234Yf como solución verde ao reto global:

  • Manipulación, seguridade e hixiene

  • Almacenamento e toxicidade

  • Relación de presións e temperaturas

Diagramas de Mollier:

  • Interpretación dos mesmos

  • Situar sobre eles as condicións de traballo dun sistema de climatización

  • Obtención de datos e resultado

Prácticas:

  • Verificar o control de funcionamento do sistema de climatizaciónn e os seus periféricos

  • Proceso de recuperación e cargha de refrixerante

  • Protocolo de estanqueidade, baleirado, reposición de aceite e carga de refrixerante

  • Control de presións e temperaturas de traballo

  • Rexistro de datos para ser trasladados ao diagrama de Mollier

  • Conclusións obtidas sobreo diagrama así como posibles dúbidas

12/09/17-13/09/17

09:30-13:30

15:30-19:30

Ángel Enciso Martínez

ZF Services España S.L.U.

Caixa de cambio automática ZF

Evolución da caixa de cambios automática ao longo da historia

Composición e funcionamento do convertedor de Par

Práctica de desmontaxe e montaxe do convertedor

Composición global e funcionamento básico das caixas de cambio ZF

Práctica de desmontaxe do casquillo do conector da mecatrónica

Perigos por descarga estática na manipulación do conector

Correcta identificación da caixa cambios

Precaucións antes de realizar o cambio de aceite

Como realizar correctamente o mantemento das caixas ZF

Mantemento por gravidade e por máquina (vantaxes e inconvenientes)

Importancia de facer mantemento ás caixas de cambio e usar o aceite orixinal

Precaucións e recomendacións despois de realizar o mantemento

Comprobación das diferentes pezas do vehículo que poden afectar á caixa de cambios

Práctica de desmontaxe e montaxe dunha 6HP 26

12/09/17-13/09/17

09:30-13:30

15:30-19:30

Roberto Bosch España, S.L.U.

 

Normativas anticontaminación

Medidas previas para redución de emisións

Tratamento posterior de gases de escape:

  • Catalizador de oxidación

  • EGR

  • Filtro de partículas (sistema con aditivo e sen aditivo)

  • Sistemas SCR/Denoxtronic

  • Sensores involucrados

Descrición/comprobación de emisións en ITV

 

Preinscrición nos Obradoiros

Como cada obradoiro contará cun máximo de 20 prazas é preciso facer unha distribución dos asistentes entre os diferentes obradoiros segundo as súas preferencias. Para facelo, ao longo da presentación das Xornadas porase a disposición dos participantes unhas follas de inscrición, nas que os asistentes poderán elixir os dous obradoiros da súa preferencia.

Reserva para o xantar

Cada asistente deberá asumir o custo do seu xantar. Para aqueles que estivesen interesados facilitaranse os teléfonos dos resturantes próximos ao centro educativo con prezos de menú do día económicos para que poidan facerse reservas.