Título node Learning object

Kit pedagóxico sobre biodiversidade, vol. I e II. UNESCO.
Ven, 19/05/2017 - 11:15
Logo

Obxectivo

Poñer de manifesto que a biodiversidade é a esencia da vida, que ela brinda os elementos necesarios como produtos alimenticios, fibras téxtiles e materiais de construción. Ademais permite o mantemento dos servizos ecosistémicos, como a fertilidade dos chans, e constitúe a base das sociedades, das culturas e das relixións.

 

Descrición

A partir de textos e ilustracións, o kit propón un método práctico para axudar ao alumnado e ao profesorado de secundaria a entender as múltiples dimensións e os complexos procesos relacionados coa biodiversidade, grazas á súa proposta de aprendizaxe e innovadoras actividades prácticas. Presenta ademais a situación actual da biodiversidade, e explica como esta vese afectada por algúns comportamentos, actitudes e formas de consumo.

Esta publicación é unha contribución ao Decenio de Nacións Unidas sobre a Diversidade Biolóxica (2011-2020), e foi probada nas escolas secundarias pertencentes ao Sistema da Rede de Escolas Asociadas da UNESCO.

Entidades involucradas

O kit foi preparado no marco dunha iniciativa conxunta do Sector da Educación e o das Ciencias Exactas e Naturais da Organización de Nacións Unidas para a educación, a ciencia e a cultura (UNESCO), en cooperación coa Convención para a Diversidade Biolóxica (CDB).

Descarga do kit

http://unesdoc.unesco.org/images/0024/002459/245983S.pdf

http://unesdoc.unesco.org/images/0024/002459/245984s.pdf