Título node Learning object
Descrición
Scientix é unha iniciativa aberta á participación de docentes, investigadores, responsables de elaboración de políticas, familias e calquera persoa interesada na educación científica.
O proxecto nace para facilitar a constante divulgación e intercambio de coñecementos técnicos e exemplos prácticos no ensino das ciencias na Unión Europea. Scientix está financiado pola Comisión Europea a través do 7º Programa Marco e xestionado pola rede europea European Schoolnet (EUN).
Scientix recompila materiais didácticos e informes de investigacións de proxectos europeos. A través de varios servizos online e offline, o proxecto pretende crear unha comunidade participativa para as persoas usuarias.
Servizos que ofrece Scientix
- Unha colección de recursos didácticos para as clases de ciencias, informes de investigación e documentos útiles para a elaboración de políticas educativas.
- Un servizo por encargo que permite solicitar a tradución dos materiais do portal Scientix a calquera das 23 linguas oficiais da UE.
- Accións de formación (talleres, congresos, seminarios en liña, etc.).
- Unha comunidade para compartir experiencias con outros colegas europeos no foro ou nas salas de chat.
- Noticias e eventos na área do ensino das ciencias, así como un calendario de actividades e posibilidades de formación.
- Boletín electrónico.
Participación
Inscrición na Comunidade Scientix mediante rexistro en http://scientix.eu.
Contacto
Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas (INTEF), Rúa de Torrelaguna, 58, 28027 Madrid
Correo electrónico: scientix@mecd.es
Embaixadores/as
- Os/as embaixadores/as de Scientix son docentes cuxo obxectivo é promover e informar sobre Scientix a docentes de ciencias en toda Europa.
- Presentan Scientix en centros docentes, asociacións nacionais de profesores, conferencias e talleres, e aconsellan a outros docentes sobre como involucrarse na colaboración europea en materia STEM (Science, technology, engineering and mathematics). Tamén axudan a desenvolver e probar diversas ferramentas e servizos de Scientix para garantir a súa calidade pedagóxica.