Título node Learning object

Programa DEPO Aventura A Lanzada para o ano 2017. Pontevedra
Mér, 15/03/2017 - 09:35
Logo

Convoca

Deputación de Pontevedra.

 

Persoas participantes

Poderán participar nenas e nenos que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que nacesen entre 2004 e 2009 (ambos inclusive)
  • Que estean empadroadas ou empadroados na provincia de Pontevedra
  • Que non padezan enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa

Poderán participar menores en situación de tutela ou garda pola Administración, que se atopen en acollemento residencial nun centro da provincia de Pontevedra.

Obxecto

A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e dos rapaces, e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza este programa e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán a menores da provincia de Pontevedra.

Este programa lúdico e educativo inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades ao aire libre relacionadas coa natureza, artísticas, culturais, deportivas e xogos, entre outras, e introduce por primeira vez actividades en lingua inglesa, co fin de colaborar na formación da nosa mocidade.

Contía

A contía máxima dispoñible para levar a cabo o programa Depo Aventura A Lanzada para o ano 2017 é de douscentos corenta mil (240.000,00) euros.

Prazo de presentación

Será de 20 días naturais contados a partir da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Outros datos de interese

Depo Aventura 2017 desenvolverase, entre os meses de xuño e setembro, a través de 11 quendas de campamentos de 7 días de duración cada unha.

Número de prazas: o número total de prazas ofertadas para este programa ascende a 2.200, distribuídas do seguinte xeito:

  • 1.900 prazas que serán adxudicadas polo procedemento xeral
  • 300 prazas que serán adxudicadas polo procedemento específico: prazas de reserva para menores en situación ou risco de exclusión social, repartidas do seguinte xeito:
  • 260 prazas de reserva para menores en situación ou risco de exclusión social dos concellos da provincia de Pontevedra
  • 25 prazas de reserva asignadas a menores do Centro Príncipe Felipe dependente da Deputación de Pontevedra
  • 15 prazas para menores en situación de tutela ou garda administrativa doutros centros da provincia de Pontevedra

Prezo

A Deputación subvenciona polo procedemento xeral o 50 % do custo da praza.

O importe do pagamento final que deberá efectuar a persoa interesada é de:

  • 100 euros por praza
  • 80 euros por praza para menores de familias numerosas (desconto do 20 % sobre o prezo)

Estes prezos inclúen todos os servizos do campamento, incluída a excursión ao exterior.

Co fin de acadar a igualdade de oportunidades a institución provincial subvencionará o 100 % do prezo da praza para promover a inclusión social das nenas e dos nenos da provincia de Pontevedra.