Título node Learning object

VIII Olimpíada galega de Economía La Caixa
Mér, 01/03/2017 - 10:12
Logo

Obxectivos

Incentivar e estimular o estudo da Economía entre o alumnado interesado nesta materia, premiar o esforzo e a excelencia académica, divulgar os estudos de Economía, tender pontes entre as facultades e os centros de educación secundaria e establecer vínculos cos profesores de Economía do bacharelato.

 

Destinatarios/as

Poderán participar na VIII Olimpíada Galega de Economía La Caixa todo o alumnado dos centros de ensinanza secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia que estean matriculados durante o curso 2015/16 na materia Economía da Empresa de segundo curso de Bacharelato.

A participación na proba é individual e realizarase, previa inscrición, na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.

Probas

O exame será anónimo e consistirá nunha proba que terá unha duración máxima de dúas horas e media. As preguntas versarán sobre o coñecemento e aplicación dos conceptos propios da materias Economía da Empresa e Economía de 2º e 1º curso do bacharelato respectivamente, e que se fixan como contidos para a proba de acceso á universidade.

Data

A data prevista para a realización das probas é o día 31 de marzo de 2017, aínda que se confirmarán data e hora, oportunamente, na web do centro.

Lugar

As probas terán lugar na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña (Campus de Elviña s/n, 15071 A Coruña).

Premios

Procurarase, na medida en que os recursos o permitan, axustarse á estrutura de premios que se outorgan noutras fases locais e autonómicas do resto do Estado. En particular, está previsto conceder aos finalistas os seguintes premios, dependendo sempre do financiamento acadado:

  • Reembolso dos prezos públicos de matricula na Facultade de Economía e Empresa ao/á alumno/a que resulte gañador/a da VIII Olimpíada Galega de Economía La Caixa.
  • Un ordenador portátil a cada un/unha dos/das tres estudantes mellor cualificados/as da fase galega.
  • Cobertura do desprazamento para participar na IX Olimpíada Española de Economía que terá lugar en Córdoba para os/as tres estudantes mellor cualificados/as da fase galega.

Máis información

Decanato da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña

Telf.: 681 167 000 ext 2412