Título node Learning object

Down Galicia: Guía de orientación académica e profesional para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual
Lun, 20/02/2017 - 11:03
Logo Down Galicia

Descrición

Guía de información e orientación para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.

Obxectivo

A súa misión é facilitar, na medida do posible, os medios para que as persoas que forman parte deste colectivo afronten axeitadamente a tarefa de descubrir e elixir os mellores camiños e alternativas para elas respecto ao seu futuro académico e profesional.

Destinatarios/as

  • A propia persoa con discapacidade intelectual en xeral, e coa síndrome de Down en particular.
  • As familias e o círculo de apoio das persoas con discapacidade.
  • Os/as profesionais relacionados e implicados na educación, formación e emprego das persoas con discapacidade (centros educativos, oficinas de emprego, entidades de discapacidade, concellos, entidades de orientación, centros de formación para o emprego...etc).