Título node Learning object

Comunidade Scientix en España. Ensino das ciencias
Mér, 15/02/2017 - 10:34
Logo SCIENTIX

Descrición

Scientix é a comunidade para o ensino das ciencias en Europa. É unha iniciativa aberta á participación de docentes, investigadores, responsables de elaboración de políticas, actores locais, pais e nais, e calquera persoa interesada na educación científica.

Scientix está financiado pola Comisión Europea a través do 7º Programa Marco e xestionado pola rede europea European Schoolnet (EUN). O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) actúa como punto nacional de contacto en España para este proxecto.

O proxecto foi, ademais, galardoado como unha das 100 mellores iniciativas educativas innovadoras do mundo na feira educativa BETT (British Educational Training and Technology) de 2017, un dos maiores eventos sobre educación a nivel mundial e que serve como plataforma para coñecer os últimos recursos tecnolóxicos e educativos.

Obxectivos

O proxecto nace para facilitar a constante divulgación e intercambio de coñecementos técnicos e exemplos prácticos no ensino das ciencias na Unión Europea.