G1601014 Raspberry Pi básico
A Raspberry pi é unha placa integrada de baixo custe, que conta cun procesador e suficientes portos para ter a mesma funcionalidade cunha máquina computadora. O seu tamaño é moi reducido, e apoiase nunha importante comunidade que desenvolve software e propón novas aplicacións.
O titor cambia con respecto ao que impartira a anterior edición do curso. Nesta ocasión un dos titores é profesor da especialidade de sistemas electrónicos e o outro profesor da especialidade de informática.
A actividade inclúe dúas sesións presenciais obrigatorias de 3 horas de duración. Estas dúas sesións as impartirá un dos titores da parte na rede. Estas sesións celebraranse:
-
o venres 10/2/2017 de 17:00 a 20:00 horas na aula de videoconferencias do CIFP Compostela. Os participantes deberán traer consigo a esta sesión, unha fonte de alimentación para smartphone con conector microUSB, e se o teñen, un adaptador HDMI/VGA.
-
o venres 24/3/2017 de 17:00 a 20:00 horas na aula 1.10 do CAFI.
Segundo o artigo 10.1.d da Orde do 14 de Maio de 2013 (DOG do 22/5/13) a asistencia á sesión presencial é obrigatoria.
Debe terse en conta que se algunhas das datas e horarios das sesións presenciais, coincide co horario lectivo dalgún dos participantes, este deberá solicitar permiso por asuntos particulares á dirección do seu centro educativo (artigo 15 da orde do 29 de xaneiro do 2016).
Durante a primeira sesión presencial farase entrega, a modo de empréstito, dun kit de compoñentes para poder facer as tarefas do curso na parte na rede. O equipamento que se entregará a cada un dos participantes é:
- 1 Placa Raspberry pi B+ V1.2>/li>
- 1 Caixa plástica para Raspberry pi B+ transparente
- 1 Tarxeta de memoria Flash microSD HC 16GB clase 4
- 1 Adaptador de tarxeta microSD/SD
- 1 Conversor A/D MCP3008 ou equivalente.
Estes compoñentes deberán ser devoltos na derradeira sesión presencial, que coincide co remate da actividade formativa.
A maiores os participantes deberán contar no seu centro educativo ou domicilio co seguinte equipamento:
- Teclado e rato USB.
- Cable Ethernet.
- PC con Lector de tarxetas SD.
- Fonte de alimentación 5V/2,5A con conexión microUSB (calquera cargador de smartphones actual serve).
- Router WiFi con switch integrado.
- Smartphone con Android ou iPhone.
- Latiguillo de cable plano de 6 pins femia macho. (*)
- LEDS de colores roxo, verde e amarelo. (*)
- Resistencias (100, 330, 1K, 4K7, 10K e 100K). (*)
- Potenciómetros de 10K. (*)
- Módulo relé 5V 2RLMOD ou equivalente. (*)
- Placa protoboard e cable para conexionado. (*)
(*) Estes compoñentes forman parte dos Kits de Arduino que foron remitidos pola Consellería de Cultura, educación e ordenación universitaria no pasado mes de Decembro a todos os IES de Galicia onde impártese bacharelato.
Data de comezo: 10/2/2017
Data de finalización: 24/3/2017
Lugar de celebración: Platega2
Número de horas totais: 31
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73678
Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=448