G1601010: Administración de dominios en redes locais con GNU/Linux
Esta actividade formativa en rede, forma parte da oferta formativa do plan anual de formación do profesorado de FP para o segundo trimestre, destinada principalmente ao profesorado da familia profesional de Informática e comunicacións e tamén ao profesorado de Electricidade e electrónica. O profesorado interesado debe contar con coñecementos básicos de administración do Sistema Operativo Linux, sendo este un requisito necesario para participar na actividade.
O curso dedícase ás diversas tecnoloxías que se poden utilizar para a implementación de dominios con usuarios centralizados e recursos compartidos na rede, facendo uso de sistemas GNU/Linux e integrando tamén equipos clientes baseados en Windows. Para os exercicios prácticos empregarase Virtualbox e a última versión LTS do sistema operativo Ubuntu, polo cal os participantes deben contar cun PC con polo menos 4GB de memoria RAM.
O titor do curso, profesor da familia profesional de informática e comunicacións, xa actuara coma titor en anteriores edicións con excelente valoración por parte dos participantes.
Data de comezo: 16/1/2017
Data de finalización: 26/3/2017
Lugar de celebración: Platega2
Número de horas totais: 50
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73660
Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=422