G1601011: Deseño e aloxamento de páxinas web

Segunda edición desta actividade formativa dirixida ao profesorado da especialidade de comercio e marketing. No curso pretendese ensinar como costruir un portal web de comercio electrónico, a partires de plantillas e recursos gratuítos e sen contar con coñecementos de programación.
Lun, 12/12/2016 - 10:58
Deseño de páxinas web

Os coñecementos en creación de páxinas web, e publicación de contidos dixitais poden considerase hoxe en día de gran utilidade en case calquera ciclo formativo, debido a gran importancia que esta tendo no ámbito profesional.

Nesta actividade aprenderase a deseñar, implantar e aloxar sitios web empregando as últimas ferramentas de construción de websites modulares (bootstrap, nodejs, jquery, técnicas mvc, etc). É un curso de iniciación fundamentalmente práctico e moi visual baseado en exemplos e en propostas que os participantes poderán adaptar ás súas necesidades. As ferramentas empregadas permiten traballar con módulos reutilizábeis aforrando esforzo e propiciando o traballo en equipo dado cunha web complexa pode ser dividida en módulos. Todo o software empregado é libre.

Para poder seguir o curso non se precisan coñecementos profesionais en desenvolvemento de aplicacións pero si unha mínima destreza co manexo básico dun ordenador e o sistema operativo. Debemos entender que aínda que os contidos están adaptados a persoal non informático e están pensados para iniciarse, trátase dun curso de desenvolvemento de aplicación web que precisa o uso de editores, consolas, comprimir arquivos, etc.

Data de comezo:  16/1/2017

Data de finalización: 26/3/2017

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 50

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73667

Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=426