Convocatoria de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional

Convocatoria de proxectos de formación para o curso 2016-2017
Mar, 22/11/2016 - 18:33
proxectos de formación FP
proxectos de formación FP

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca proxectos de formación específicos para o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de formación profesional en centros públicos para o curso 2016-2017. Esta modalidade de formación, que se desenvolve nos propios centros educativos , favorece e estimula o traballo en equipo do profesorado e propicia a innovación, a mellora da práctica docente e a actualización científico-técnica, de modo que incida na mellora da educación. Isto supón a participación do profesorado no deseño da súa propia formación, desde unha perspectiva de equipo e en función dun proxecto conxunto, cos seguintes obxectivos:

-Dar resposta ás necesidades de formación do profesorado de formación profesional, e facilitarlle ao resto do profesorado o acceso á información obtida mediante a elaboración e a difusión de actividades de aplicación directa a aula.

-Fomentar a súa formación nas competencias profesionais para abordar con eficacia todas as situacións do proceso de ensino e aprendizaxe, e no desenvolvemento das funcións que o profesorado debe desempeñar nunha sociedade complexa e en permanente cambio.

-Potenciar a relación entre o profesorado de formación profesional e as empresas para, deste xeito, ofrecerlle unha mellor orientación ao alumnado de formación profesional.

-Establecer liñas de traballo e de toma de decisións para a mellora consensuada da educación do alumnado e do funcionamento dos centros, así como para a posta en práctica e a avaliación de accións que repercutan na mellora da calidade dos procesos curriculares e organizativos.

-Promover a formación e a actualización metodolóxica e científico-tecnolóxica dos equipos docentes a través do traballo colaborativo e do fomento da súa autonomía, partindo da experiencia e da capacidade do profesorado.

Bases da convocatoria

Na convocatoria de proxectos de formación en centros prevista para o curso 2016-17, detallaranse as bases da convocatoria, o número de prazas, a documentación a presentar etc.

Enlace a convocatoria: http://www.edu.xunta.gal/fp/proxectos-formacion-para-profesorado-fp-2016-2017