Título node Learning object
A avaliación nacional das competencias dos estudantes gañou en importancia nas últimas décadas (EACEA/Eurydice, 2009). Tradicionalmente, este tipo de avaliación utilizábase para determinar o progreso dos estudantes e conceder certificados, pero máis recentemente converteuse nunha importante ferramenta de supervisión dos sistemas educativos. Ademais, a recente evolución política da UE espertou un novo interese pola aprendizaxe de linguas e, máis concretamente, pola avaliación das competencias en linguas.
Neste contexto, resulta especialmente útil mellorar o coñecemento das probas nacionais en linguas e analizar as suas principais características, posto que isto permite consolidar as bases para a elaboración de novas políticas e iniciativas. O principal obxectivo deste informe é permitir comprender con claridade os sistemas nacionais de avaliación das competencias lingüísticas que existen na actualidade nos países europeos. As probas nacionais defínense como probas/exames nacionais estandarizados elaborados polas autoridades públicas centrais/superiores e que se realizan baixo a súa responsabilidade. Téñense en conta todas as linguas, excepto as linguas de instrución, as linguas rexionais e as linguas antigas. Na maioría dos casos, as linguas avaliadas considéranse linguas estranxeiras nos currículos nacionais (véxase a Introdución para máis detalles).
Na actualidade, en Europa existe un amplo consenso sobre a importancia da aprendizaxe de linguas estranxeiras a nivel de centro e fóra del, así como sobre o papel da avaliación na mellora do ensino e a aprendizaxe de linguas estranxeiras.
Unidade editora: Secretaría Xeral Técnica. Centro de Publicacións. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
Proposto por: Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE)
Autor/es: EURYDICE