Título node Learning object
O Día das Librerías celébrase hoxe 11 de novembro por sexto ano consecutivo en España, por iniciativa da Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (CEGAL) e con apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Hoxe as librerías asociadas a CEGAL permanecerán abertas ata as 22 horas e ofrecerán descontos do 5% nos libros. Ademais, acollerán actividades que foron programadas para celebrar esta conmemoración ao longo dos días 10, 11 e 12 de novembro.
Na web www.todostuslibros.com pódense realizar procuras sobre 2.8 millóns de referencias; hai dispoñibles máis de 1 millón de títulos e indícanse as librerías onde poden ser comprados.
Ademais, o Observatorio da Lectura e o Libro colgou no Canle Cultura de Youtube un vídeo que difunde esta iniciativa e mostra o importante labor das librerías e libreiros, que dinamizan e fomentan a cultura a través dos libros e a lectura.