Título node Learning object
Aldeas Infantís SOS dispón dunha nova edición dos programas de educación en valores. A web do programa educativo de Aldeas Infantís SOS engloba os proxectos de educación para o desenvolvemento, fomentando valores dirixidos a alumnado de Primaria e Secundaria que esta asociación ven ofrecendo aos centros desde 1998.
Pódese atopar material dixital con propostas para levar a cabo nas aulas e nos fogares. Tamén é un espazo onde se pode amosar e compartir experiencias en educación en valores.
O programa pedagóxico sobre Educación en Valores para infantil e primaria "Abraza os teus valores” ofrece material pedagóxico en formato dixital con ideas orixinais, reflexións e actividades sinxelas pero enriquecedoras para todo tipo de centros, profesorado, materias, niveis, familias e alumnado.
“Párate a pensar” é o programa educativo para a ESO, que ofrece ferramentas para afrontar desde a educación en valores a complexa etapa da adolescencia.
Temas como o respecto e a convivencia contra o acoso escolar, suscitan 50 actividades que abordan xeitos de formar a personalidade adolescente e potenciar a súa autoestima, as relacións cos seus compañeiros e a familia e de promover o esforzo e a participación social por un mundo máis xusto e solidario.