S1601052 A creatividade a través da interacción no ensino do inglés
Prazo de inscrición aberto en fprofe para este curso presencial en inglés sobre creatividade e interacción na aula.
Obxectivos
1.Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas que fomenten estratexias para desenvolverse en espazos culturais variados.
2.Utilizar e fomentar un discurso que permita a construción do coñecemento facendo uso de procedementos discursivos verbais e non verbais.
3.Xerar oportunidades para a participación en debates e para a toma de decisións sobre temas relevantes fomentando a tolerancia e o espírito crítico.
Contidos
1.Coñecemento de técnicas e metodoloxías innovadoras que favorecen o desenvolvemento da creatividade e a competencia comunicativa da lingua inglesa.
2. Estratexias e recursos que exercitan e facilitan a interacción en lingua inglesa.
3.Familiarización con distintas dinámicas grupais que favorecen o desenvolvemento das capacidades dos discentes e poñen en valor as fortalezas de todos e cada un.
4.Toma de conciencia do valor pedagóxico
Ver Programa no pdf adxunto.