G1601001 Servizos de virtualización tipo I e tipo II. Técnicas de alta dispoñibilidade
Tras un lapso dun curso escolar, vólvese a ofertar a actividade “Servizos de virtualización tipo I e tipo II. Técnicas de alta dispoñibilidade”, curso na rede programado para o profesorado das familias de Informática e comunicacións e de Electricidade e Electrónica. O curso aborda os conceptos básicos da virtualización e os tipos de virtualización existentes.
A actividade estenderase durante 7 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que o titor propoña. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que o titor estableza.
Como é un curso na rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno: o importante é entregar as tarefas correctas e en tempo.
Data de comezo: 3/10/2016
Data de finalización: 10/12/2016
Lugar de celebración: Platega2
Número de horas totais: 50
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73649
Ligazón á aula virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=418