G 1601009 Xestión administrativa e comercial avanzada con aplicación informática
A partir do vindeiro 3 de outubro, iniciarase un curso na Rede programado para profesorado da familia de Administración e Xestión “Xestión Administrativa e comercial avanzada con aplicación informática”.
Os obxectivos deste curso inclúen coñecer a aplicación informática FactuSol, así como o seu manexo mediante a resolución de supostos prácticos.
A actividade estenderase ata o 30 de novembro. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que a titora propoña. Como axuda estarán dispoñibles a través do correo electrónico e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores establezan.
Ligazón Fprofe: