S1601079 - Iniciándonos á competencia dixital docente

Consideras que a túa competencia dixital é baixa?
Este curso proporcionarache unha iniciación ás diferentes áreas da competencia dixital docente: información (busca e filtrado), comunicación e participación na Rede, creación de contidos básicos, seguridade e resolución de problemas coas tecnoloxías da información e da comunicación.
Dom, 11/09/2016 - 20:55
curso iniciandonos na competencia dixital docente
iniciandonos na competencia dixital

INSCRICIÓN ABERTA EN FPROFE ATA O 26 DE SETEMBRO! 

Horas: 30 horas (21 presenciais + 9 na Rede).

Lugar de celebración: Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), Santiago de Compostela

Prazas: 20

Obxectivos
1.Integrar diferentes elementos tecnolóxicos no labor docente.
2.Iniciarse no uso de espazos virtuais de aprendizaxe.
3.Sentar as bases para promover un cambio metodolóxico, tanto no uso dos medios tecnolóxicos como nos métodos educativos en xeral.

Contidos
1.Información (busca e filtrado, avaliación crítica).
2.Comunicación (participación e colaboración na Rede).
3.Creación de contidos (creación e edición de obxectos dixitais básicos, catalogación).
4.Seguridade (identidade dixital, prevención de riscos).
5.Resolución de problemas.

Calendario
Sesión 1: Mércores 19 de outubro. De 18 a 21 h.
Sesión 2: Mércores 26 de outubro. De 18 a 21 h.
Sesión 3: Mércores 2 de novembro. De 18 a 21 h.
Sesión 4: Mércores 9 de novembro. De 18 a 21 h.
Sesión 5: Mércores 16 de novembro. De 18 a 21 h.
Sesión 6: Mércores 23 de novembro. De 18 a 21 h.
Sesión 7: Mércores 30 de novembro. De 18 a 21 h.

 

INSCRICIÓN: www.edu.xunta.gal/fprofe

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI