S1601002 Iniciación aos autómatas

Despois da boa valoración acadada por este curso na súa pasada edición celebrada en Pontevedra dentro do anterior plan anual de formación do profesorado, volvese a ofertar nesta ocasión en Santiago de Compostela.
Ven, 08/07/2016 - 11:13
Iniacion aos automatas

Esta é unha actividade formativa dirixida ao profesorado da familia profesional de instalación e mantemento, aínda que é previsible que poida ser admitido o profesorado doutras familias profesionais onde tamén se traballa con autómatas, coma as de Electricidade e electrónica ou a de Química.

O seu obxectivo é formar aos asistentes nos fundamentos dos autómatas partindo de que non teñen coñecemento algún e mais para darlle materiais e ferramentas de utilidade para o ensino dos mesmos. O enfoque da actividade será práctico, traballando con autómatas de Siemens coa linguaxe de programación Step 7 e a contorna de programación de autómatas Simatic S7 Professional V13. De xeito complementario vaise traballar co estándar de programación de autómatas Codesys, co software de simulación de autómatas PLCsim e mais co software de emulación de maquetas para autómatas Siemens VirtualmkTCP.

A actividade celebrarase na aula 110 do CAFI en horario de 9-15, entre os días 4 e 8 de xullo.

Data de comezo: 4/7/2016

Data de finalización: 8/7/2016

Lugar de celebración: CAFI

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73650

Ligazón á aula virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=726