S1602002 Xornadas de transporte e mantemento de vehículos

As Xornadas de Transporte e mantemento de Vehículos volven a celebrarse no CIFP Politécnico de Santiago na primeira semana de Setembro.
Mér, 06/07/2016 - 10:33
Xornadas TMV

Data de comezo: 7/09/2013
Data de finalización: 8/09/2013
Lugar de realización: CIFP Politécnico de Santiago
Número de Horas totais: 16
Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73683
Enlace á aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=272

Organización das Xornadas

Como en anteriores edicións, celebraránse 3 obradoiros prácticos en paralelo que se repetirán os días 7 e 8. Cada asistente poderá participar en alo menos dous destes obradoiros.

Ainda que non figura na seguinte temporalización, o mercores día 7 de 9:30 a 10:00 terá lugar a presentación das Xornadas no salón de actos do CIFP Politécnico.

  Bosch Audatex Cars marobe
9:30-13:30 Breve descrición do ABS, funcionamento e evolución.
Sistema de regulación dinámica de marcha ( ESP).
Evolucións do sistema (ESP) funcionamento e variantes.
Descrición dos distintos compoñentes do sistema.
Características e funcións adicionais.
Introdución. Como realizar unha valoración.
Práctica  -  Familiarización con AudaPlus.
Símbolos básicos.
Baremo de pintura Cesvimap.
Exercicio 1  -  Pintura Cesvimap.
Baremo de pintura Centro Zaragoza.
Modificacións.
Exercicio 2  -  Pintura Centro Zaragoza.
Baremo de pintura Fabricante.
Exercicio 3  -  Pintura do fabricante.
IRE Estimador intelixente de Reparacións.
Audamobile.
Circuíto de alimentación.
Tipos de inxección.
Unidade de bomba de combustible.
Práctica: Control de baixa presión.
Bomba de alta presión.
Regulador de caudal de combustible.
Práctica: Control de alta presión.
Electro-inxectores.
Práctica: Control eléctrico de inxectores.
Sistema de acendido.
Práctica: Estudo dos oscilogramas de acendido.
13:30-15:30 Descanso / Xantar
15:30-19:30 Comprobación do sistema co equipo de diagnose no vehículo.
Ver valores dos compoñentes do sistema (sensores).
Comprobación do grupo hidráulico (actuadores).
Produtos CSA.
Eliminación da constante de pintura.
Pintura manual e tratamentos anticorrosivos.
Mecánica e Mantementos.
Inpart Recambio alternativo.
Exercicio 4  -  Resumo do visto.
Utilidades do sistema. Fotografías.
Valor comercial.
Configuración do sistema e área xestión usuarios.
Sistema de distribución variable.
Sistema de admisión variable.
Práctica: Control do sistema de distribución variable.
Práctica: Comprobación do funcionamento do sistema de admisión guiada e variable de aire.

Preinscrición nos Obradoiros

Como cada obradoiro contará cun máximo de 20 prazas, é preciso facer unha distribución dos asistentes entre os diferentes obradoiros segundo as súas preferencias. Para facelo ao longo da presentación das Xornadas (o día 7 no salón de actos do CIFP Politécnico entre ás 9:30 e 10:00) porase a disposición dos participantes unhas follas de inscrición, nas que os asistentes poderán elixir os dous obradoiros da súa preferencia.

Reserva para o xantar

Cada asistente deberá asumir o custe do seu xantar. Porén, para aqueles que estiveran interesados, ofrecerase a posibilidade de que se fagan as reserva nalgún dos restaurantes próximos ao centro educativo con prezos de menú do día económicos. Para iso, xunto coas follas para a inscrición nos obradoiros de cada día, haberá unhas follas para apuntarse de xeito que se poida saber o número de persoas da reserva en cada un dos restaurantes.