S1502041 Xornadas Xosé Calviño: A educación das persoas adultas, análise e perspectivas
O aprendizaxe ao longo da vida obriga a situar a Formación das Persoas Adultas e colectivos específicos no centro das políticas formativas. A aparición de múltiples e diversas accións formativas dirixidas a estas persoas obriga a reflexionar sobre a súa adecuación as necesidades deste colectivo.
Nestas Xornadas Pedagóxicas Xosé Calviño: A educación das persoas adultas, realizarase un análise das necesidades formativas deste colectivo así como as súas perspectivas de futuro
Obxectivos:
1.Analizar a situación actual da educación de persoas adultas.
2.Analizar os cambios necesarios na educación de adultos para mellorar a súa inserción no mundo laboral, e a información que reciben sobre as posibles vías para a continuidade da súa formación.
3.Analizar aspectos psicoeducativos das ensinanzas de adultos.
Contidos:
1.A educación de adultos. Reflexión sobre a situación actual.
2.A educación de adultos. Reflexión sobre a situación desexable.
3.A educación de adultos e as posibles saídas profesionais.
Datas: 26, 27 e 28 de abril.
Horario: 26 abril de 18 a 22h
27 e 28 de 17 a 21h
Lugar de celebración: Aula magna do Instituto Xelmírez I
Número de horas totais: 12h
Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=72903