S1501040 Aprendizaxe activa para o éxito escolar

Actividade formativa sobre metodoloxías activas na aprendizaxe.
Mar, 15/03/2016 - 17:54
Aprendizaxe
S1501040 Aprendizaxe activa para o éxito escolar

Os días 30 e 31 de marzo, 5,12,18 e 25 de abril o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) organiza  un curso para coñecer novas estratexias de xestión da aprendizaxe, coñecer metodoloxías activas e novos recursos que favorezan un cambio pedagóxico na aula. Contará coa presenza de Ana Basterra, Manel Rives, Laura Adela Fernández e Reyes Montero.

CONTIDOS:

METODOLOXÍAS ACTIVAS DE APRENDIZAXE
Aula invertida. Aprendizaxe baseada en proxectos. Aprendizaxe cooperativa.
Ludificación. Steam (ciencias, tecnoloxía, enxeñería, artes e deseño,
matemáticas).
TECNOLOXÍAS NA AULA
Tecnoloxía móbil. Apps creativas. Aprendizaxe baseada en retos. O alumnado
como difusor de aprendizaxe. Alfabetización dixital
APRENDIZAXE EMOCIONAL E SOCIAL
Mentalidade en desenvolvemento. Aprendizaxe integral. Aprendizaxe baseada
no pensamento crítico e creativo.

Máis información en fprofe.