G1501030 A convivencia como factor de calidade nos centros educativos

O curso ten por obxecto dotar ó profesorado de estratexias que melloren o clima social dos centros, dende unha perspectiva da convivencia alternativa, baseada na prevención e na resolución pacífica de conflitos.
Xov, 04/02/2016 - 10:10
G1501030 A convivencia como factor de calidade nos centros educativos

O presente curso pretende dar unha breve visión sobre as estratexias actuais para a mellora da
convivencia e o enfrontamento dos conflitos interpersoais nos centros escolares, sempre dende unha
perspectiva educativa e positiva. A actividade ten por obxecto:

• Facilitar a reflexión sobre a conveniencia de instaurar nos centros educativos a cultura de paz, a
democracia participativa e a resolución pacífica de conflitos como fórmulas para a mellora da
convivencia.
• Dar a coñecer medidas para o fomento dunha convivencia positiva nos centros, xa sexan de tipo
organizativo (planificación e desenvolvemento de boas prácticas de convivencia) ou curricular
(educación emocional, educación en valores, habilidades sociais).
• Aportar estratexias para o enfrontamento dos conflitos interpersoais e dos problemas de conduta
nos centros educativos dende unha perspectiva educativa e pacífica.