Inglés técnico nas familias profesionais
A partires da primeira semana de febreiro comezarán 2 actividades en paralelo destinadas á formación do profesorado de FP nas comunicacións en Inglés dentro do seu ámbito profesional e técnico. Son actividades cunha duración de 30 horas que se desenvolverán en rede .Estas actividades son:
- Inglés técnico nas familias profesionais de ELE-ENA-IMA-TMV , Inglés orientado á contorna produtiva da electricidade e electrónica, e destinado ao profesorado de Electricidade e electrónica, Enerxía e Auga, Instalación e mantemento e Transporte e Mantemento de vehículos.
- Inglés técnico na familia profesional de Sanidade , Inglés orientado ao ámbito sanitario, e destinado ao profesorado da familia de Sanidade.
Data de comezo: 1 de febreiro
Data de finalización: 13 de marzo
Lugar de Celebración: Platega2
Metodoloxía e Contidos
Os detalles sobre os contidos facilítanse nas guías do curso que se envían durante o proceso de selección a todos aqueles profesores/as inscrit@s que resultaran seleccionad@s. Remitiranse dúas guías, a orixinal en inglés e a mesma traducida ao galego.
O profesorado seleccionado deberá acreditar o nivel de inglés B1 ou superior para ser admitido na actividade. Para tal efecto, senón ten constancia deste mérito na súa páxina de persoal, será necesario aportar o certificado que acredite este nivel de competencia ou equivalente, acorde ao Marco Común Europeo de Referencia para as linguas, sendo neste caso válidas as seguintes titulacións:
- Certificado de nivel intermedio de inglés das EEOOII.
- Certificado de ciclo elemental de inglés das EEOOII.
- PET (University of Cambridge)
- Trinity College, grade 5 o grade 6
- TOEFL PBT: 487-567