Título node Learning object
O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades acaba de publicar este documento co obxectivo de construír un instrumento de referencia na análise e proposta de recomendacións e estratexias para previr, detectar e intervir en casos de acoso escolar por homofobia e transfobia en España.
O texto consta dunha introdución conceptual, varios exemplos de boas prácticas, unha guía de acción con recomendacións e complétase cun listado de recursos educativos dispoñibles de forma gratuíta e completa en internet para todos os niveis educativos non universitarios. Ofrécese, ademais, unha análise dos recursos xurídicos –estatais e de cada comunidade autónoma- para abordar estas cuestións nos centros educativos.
Publicación en castelán: https://goo.gl/IIdtbl
Publicación en inglés: https://goo.gl/BjJhB0