Título node Learning object
A Policía Local presenta o programa de camiños escolares en Santiago de Compostela
Mér, 23/09/2015 - 14:45
A Policía Local de Santiago de Compostela acaba de presenta o proxecto de camiño escolar "Colecamiños". Trátase da primeira experiencia de camiño escolar na capital de Galicia, que arranca como proxecto piloto no CEIP Pío XII. A web do proxecto inclúe a descrición dos contidos, as actividades que se van desenvolver, ligazóns de interese e documentos de interese para traballar nos centros.
Os centros que estean interesados en contactar coa Policía Local para iniciar o proxecto de camiño escolar pódense contactar a través do correo electrónico: educacionvial@santiagodecompostela.org
Pódese ver a nova sobre a presentación da actividade na web da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.