Título node Learning object

Programa Modelo de Parlamento Europeo (MEP) 2015-2016
Ven, 07/08/2015 - 11:32
Cartel do Programa Modelo de Parlamento Europeo

Este programa está dirixido a estudantes de 1º de Bacharelato e de 1º de Ciclos Formativos de Grao Medio, de 16 e 17 anos, de toda España.

O alumnado  dos centros inscritos participan nun foro de internet onde se debate sobre os temas que aborda o programa. Ademais o centro pode organizar unha Sesión Escolar do Modelo de Parlamento Europeo co apoio da organización do programa.

O alumnado realiza traballos sobre os temas propostos. Os autores dos mellores traballos son seleccionados para participar na Sesión Nacional. Os mellores "parlamentarios" da Sesión Nacional representarán a España nas Sesións Internacionais, onde debaterán con estudantes de todos os países da Unión Europea.  É recomendable que o alumnado que presentan traballos teñan un bo nivel de inglés xa que este será imprescindible para poder participar nos encontros internacionais. Con todo non é un requisito para participar na fase Nacional.

A inscrición para a Fase Escolar deberá realizarse antes do 13 de novembro de 2015.

Para máis información, consultar o acceso web do programa.