S1501079 Técnicas, recursos e contextos para a expresión
O curso “Técnicas, recursos e contextos para a expresión", destinado ao profesorado da familia de Servizos socioculturais e á comunidade, terá lugar do 6 ao 8 de xullo nas aulas do CAFI en Santiago de Compostela.
Os obxectivos deste curso inclúen
1.Adquirir técnicas e recursos para a expresividade e comunicación.
2. Mostrar recursos materiais, espaciais e estéticos para a planificación de actividades de teatro, c ontacontos e monicreques. Adquirir a ferramenta de " Rimas con Movemento".
3. Aplicar unha pedagoxía fundamentada na metodoloxía Waldorf.
Contidos desta actividade
1.Desenvolvemento neurolóxico, sensomotor e lingüístico do neno de 0 a 6 anos.
2. Didáctica e efecto das rimas con movemento no proceso de aprendizaxe infantil.
3. Didáctica e efecto dos contos breves e repetitivos, contados con monicreques de mesa ou escenificados.
4. Exercicios de articulación para o uso correcto da voz do educador e para mellorar a capacidade de expresión, comunicación e narración.
5. Metodoloxía Waldorf.
6. Didáctica e efecto das rimas con movemento no proceso de aprendizaxe infantil.
Esta actividade terá unha duración de 20 horas e contará con Tamara Chubarovski como relatora especialista en voz e movemento.
Enlace Fprofe: http://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=67006