S1502018 Xornadas de Electricidade e Electrónica 2015
As xornadas de electricidade e electrónica veñen celebrándose ininterrompidamente a segunda semana de setembro dende o ano 2010. Son sempre un punto de encontro entre todo o profesorado de electricidade e electrónica de Galicia que durante dous días se xuntan para ver aquelas experiencias máis salientables que se fan nas aulas, as novidades técnicas e tecnolóxicas que se producen; pero sobre todo para compartir as súas experiencias docentes do día a día.
Este ano as Xornadas celebraranse no IES Macías O Namorado en Padrón. Contarase coa participación de relevantes empresas e asociaciones do sector:
- Asociación Provincial de Industriales Electricistas y de Telecomunicaciones de A Coruña
- Ledisson
- Schneider Electric
- Legrand
- Siemens
Ademais haberá diversos obradoiros demostrativos, onde profesores de FP de diferentes centros educativos galegos amosarán maquetas e aplicacións educativas, de utilidade para o ensino nos ciclos da familia.
Estas Xornadas foron organizadas coa axuda da Asociación de profesores de electricidade e electrónica de Galicia, APEEGA, quenes dirixirán unha mesa redonda prevista para a derradeira sesión.
Data de comezo: 8/9/2015
Data de finalización: 9/9/2015
Lugar de celebración: IES Macías O Namorado (Padrón)
Número de horas totais: 8
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=67009
Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrpontevedra/aulavirtual/course/view.php?id=355