G1503008 Presentacións de impacto. As exposicións públicas
Actividade destinada ao profesorado de FP, para mellorar as súas competencias comunicativas.
Mar, 07/07/2015 - 09:33
Esta actividade vaise celebrar na aula 11 do CAFI o día 1 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30. É un obradoiro no que se tratará de transmitir ao profesorado de FP participante as principais técnicas de comunicación oral para manter a atención do público.
O relator é David Fernández Veloso, experto en presentacións de produto e en argumentación comercial.
O programa de contidos é:
1. A aprendizaxe de habilidades
2. Os 4 pilares dunha boa presentación
3. Claves para comunicar
4. Erros frecuentes nas presentacións
5. Claves para a exposición pública
6. Claves para a posta en práctica
7. A orientación comercial da presentación
8. Exercicio práctico
9. Valoracións dos exercicios
Data de comezo: 1/9/2015
Data de finalización: 1/9/2015
Lugar de celebración: Aula 11 do CAFI
Número de horas totais: 8
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=67000