S1501070 Compoñentes eléctricos de media tensión en vehículos automóbiles

Nova actividade do plan anual de formación do profesorado de FP dirixida ao profesorado da familia de transporte e mantemento de vehículos.
Mar, 07/07/2015 - 09:27
Compoñentes eléctricos de media tensión en vehículos automóbiles
Compoñentes eléctricos de media tensión en vehículos automóbiles

Este curso é unha das novidades da oferta formativa do plan anual de formación do profesorado de FP 2015-16 dirixida ao profesorado da familia de transporte e mantemento de vehículos.

O seu obxectivo é formar aos asistentes nos fundamentos dos motores eléctricos: o seu funcionamento, as medidas e comprobacións que se poden efectuar, e o cometido dos seus compoñentes. O enfoque da actividade será práctico, traballando con motores eléctricos adquiridos en desguaces. Unha vez asimilados os diferentes contidos tratados ao longo desta actividade, se espera que o profesorado de automoción poida contar cunha base mais sólida para comprender o funcionamento e procedementos de reparación dos vehículos eléctricos e híbridos.

A actividade celebrarase na aula-taller 102 de Electrotecnia e na aula de informática técnica do CIFP Coroso (Ribeira) en horario de 9-14, entre os días 7 e 10 de xullo.

Data de comezo: 7/7/2015

Data de finalización: 10/7/2015

Lugar de celebración: CIFP Coroso

Número de horas totais: 20

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66988