S1501059 Fibra óptica na nova ICT

Nova edición desta actividade dirixida ao profesorado de FP das especialidades de sistemas electrónicos e equipos electrónicos.
Lun, 06/07/2015 - 13:48
Fibra óptica na nova ICT
Fibra óptica na nova ICT

 

A partires do vindeiro día 29 celebrarase na aula ET-11 do CIFP Politécnico de Santiago unha nova edición da actividade "S1501059 Fibra óptica na nova ICT", destinada ao profesorado de FP da familia de Electricidade e electrónica. Este curso está enfocado á análise das novidades da última normativa de infraestruturas comúns de telecomunicación, relacionadas coa instalación e mantemento de redes de acceso de fibra óptica. Explicarase o emprego dos diferentes equipamentos de medida e instalación de redes ópticas, con experiencias prácticas.

O programa do curso é o seguinte:

29/06/2015          09:30  -  14:30          Novo Regulamento ICT2. Cambios substanciais con respecto á anterior normativa. Dimensionado das instalacións. Canalizacións e instalacións.

30/06/2015          09:30  -  14:30          Fibra óptica para a ICT2. Elementos de FO a empregar nas instalacións ICT2. Equipos electrónicos recomendados na ICT2: medidor de campo óptico. Xeradores de luz. Medidores Ópticos. Fusionadora. Certificador de redes.

01/07/2015          09:30  -  14:30          Conectorizacións de Fibra óptica e redes de datos. Prácticas de conectorización e fusión de fibra óptica. Prácticas de conectorización de rede de datos en categoría 6 (ICT2).

02/07/2015          09:30  -  14:30          Prácticas: LNB Óptico. Orientación. Axustes. Medidor de campo. Prácticas: medicións con equipos de fibra óptica. Prácticas: medicións coa certificadora de cables de datos.

Data de comezo: 29/6/2015

Data de finalización: 2/7/2015

Lugar de celebración: Aula ET-11 do CIFP Politécnico de Santiago

Número de horas totais: 20

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66969

Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=370