S1501071 Ensaios físicos coa máquina de ensaios universais

Curso do Plan anual 2015-16
Lun, 06/07/2015 - 13:38
Ensaios físicos coa máquina de ensaios universais
Ensaios físicos coa máquina de ensaios universais

O día 29 de xuño comezará o curso” Ensaios físicos coa máquina de ensaios universais” programado para o profesorado das familias profesionais de Química, Madeira, moble e cortiza, e Fabricación mecánica.

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer o fundamento e funcionamento da máquina universal de ensaios, realizar ensaios de tracción, compresión e flexión utilizando diferentes matrices, así como realizar ensaios de dureza.

Esta actividade desenvolverase dende o día 29 de xuño ata o día 1 de xullo, en horario de 9:30 a 14:30, no Laboratorio de Ensaios Físicos do CIFP Politécnico de Santiago.

Enlace  a Fprofe:http://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66991