G1401028 Emprego das TIC para desenvolver a creación artística.

O próximo día 2 de febreiro comezará o curso en rede "Emprego das Tic para desenvolver a creación artística"
Mér, 21/01/2015 - 12:38
emprego das Tic para desenvolver a creación artística

Obxectivos:
1.Coñecer e experimentar os recursos e ferramentas da web 2.0 como instrumento de expresión, comunicación e creación.
2.Utilizar a imaxe como canle de expresión artística.
3.Xerar aplicacións didácticas a partir da utilización de programas de deseño.

Contidos
1.A imaxe como medio de expresión cultural e artística. Tipos de imaxe dixital: vectorial e tramada (mapa de bits).
2.Formatos de imaxe: bmp, jpg, png, gif, etc. Bancos de imaxes libres (ITE, Fickr,...). Sitios web onde compartir e difundir imaxes (picasa, flickr, ...)
3.Edición de imaxes de píxeles co programa GIMP.
4.Programas de deseño de uso gratuíto. Guía de programas e posibles aplicacións didácticas.
5.Deseño vectorial cos programas Draw de OpenOffice e InkScape. Instalación, compoñentes, etc.
6.Elaboración e aproveitamento didáctico das presentacións multimedia na web 2.0: Prezi, Slideshare, Issuu,...
7.Ferramentas web de creación de carteis: Glogster, ...
8.Almacenamento de datos virtuais: Dropbox, Evernote, ...
9.Guía de recursos web sobre debuxo e educación plástica e visual: blogs, wikis, webquest...
10.A prevención do ciberacoso no ámbito escolar.
11.Xeometría dinámica cos programas Geogebra e CaR Metal

Data de comezo: 2-2-2015

Data de finalización: 3-5-2015

Número de horas totais: 30h

Enlace a fprofe:https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=61136