Título node Learning object

Spreadthesign: dicionario internacional de linguaxe de signos
Lun, 15/12/2014 - 12:41
Logo do dicionario Spread The Sign

Trátase dunha ferramenta pedagóxica de autoaprendizaxe e de uso gratuíto para todo o mundo, para mellorar as habilidades do idioma do alumnado profesional cando van ao estranxeiro a facer prácticas de traballo.
Créase no 2006 baixo a cobertura e financiamento da Comisión Europea como un proxecto dirixido ao alumnado xordo de formación profesional co obxectivo de facilitar a aprendizaxe dalgunha das linguas de signos da Unión Europea e posibilitar o acceso do alumnado aos programas de mobilidade europeos, ás visitas de estudo e o mercado laboral internacional.
O uso deste ferramenta pode ser de gran utilidade tamén para o alumnado de primaria, secundaria e bacharelato, así como na formación de futuros profesionais da interpretación da linguaxe de signos e para os pais e nais oíntes de pequenos xordos que inician a súa aprendizaxe e comunicación en linguaxe de signos.

Os centros educativos que o precisen poden solicitar información respecto ao uso deste recurso no correo electrónico: spreadthesignspain@gmail.com