G1401010 Servizos de virtualización tipo I e tipo II. Técnicas de alta dispoñibilidade

Curso do Plan Anual de Formación para profesorado de FP das familias de Informática e comunicación e Electricidade e Electrónica
Ven, 19/09/2014 - 13:39
virtualizacion fp

Ao igual que en anos anteriores, volverase a desenvolver a actividade “Servizos de virtualización tipo I e tipo II. Técnicas de alta dispoñibilidade”, curso en rede programado para o  profesorado das familias de Informática e comunicación e Electricidade e Electrónica.

Obxectivos deste curso:

1.Identificar e utilizar as distintas técnicas de virtualización: Tipo I e Tipo II. Xestionar e configurar ferramentas de virtualización de tipo I e tipo II.
2.Instalar, configurar e manipular máquinas virtuais en ferramentas de virtualización de tipo I e tipo II. Despregar técnicas de backup de máquinas virtuais.
3.Despregar sistemas de almacenamento remoto e redes multicamiño para implementar sistemas en alta dispoñibilidade.

Contidos do curso:

1.Introdución á virtualización. Instalación de VirtualBox e configuración de máquinas virtuais de escritorio.
2.Manexo avanzado e virtualización de servizos con VirtualBox.
3.Técnicas de almacenamento remoto: CIFS, NFS e iSCSI. Implementación con ferramenta NAS.
4.Ferramentas para virtualización de servizos. Introdución a Xen Server. Características e instalación.
5.Instalación e configuración de máquinas virtuais con Xen Server.
6.Técnicas de alta dispoñibilidade con Xen Server.

A actividade estenderase durante 7 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que os titores propoñan. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores establezan.
Como é un curso en rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno: o importante é entregar as tarefas correctas e en tempo.

Data de comezo:6 outubro 2014

Data de finalización:12 decembro 2014

Duración do curso:50 horas

Enlace a Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61019