Relación provisional do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2014-2015 destinadas a funcionarios docentes non universitarios, para a formación en linguas estranxeiras en Canadá e Francia

Mér, 17/09/2014 - 13:48

Xúntase a Comunicación do 17 de setembro de 2014 pola que se fai publica a relación provisional do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2014-2015 destinadas a funcionarios docentes non universitarios, conforme ao baremo que figura no Anexo III da Orde  do 30 de abril de 2014 (DOG do 12 de maio) e á resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se realiza a oferta pública de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá e Francia.

Establécese un prazo de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación, para que os interesados poidan efectuar as posibles reclamacións.

NOTA: Por mor dunha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e renuncias por correo electrónico ao enderezo: asesoria.linguasestranxeiras@edu.xunta.es ou por fax ao número 981.54.65.50. O que non exclúe facelo oficialmente co selo de rexistro de envío ou correo postal.

Menú Advertisement

Licenzas por formación

Sen términos