G1401019 Contabilidade práctica con aplicación informática

Curso do Plan Anual de Formación para profesorado de Formación Profesional da familia de Administración e xestión
Lun, 15/09/2014 - 10:30
contabilidade

G 1401019 Contabilidade práctica con aplicación informática

Curso do Plan Anual 2014-15

A partires do vindeiro 29 de setembro, iniciarase un curso en rede programado para profesorado da familia de Administación e Xestión “ Contabilidade práctica con aplicación informática”.

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer a aplicación informática ContaSol, así como o seu manexo mediante a resolución de supostos prácticos.

A actividade estenderase durante 10 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que a  titora  propoña. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que a titora estableza.
Como é un curso en rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno: o importante é entregar as tarefas correctas e en tempo.

Data comenzo:29 setembro

Data finalización:12 de decembro

Lugar de celebración:Platega

Enlace a Fprofe:https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61036