V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Celebración en Santiago de Compostela das V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia
Mér, 03/09/2014 - 10:53
V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia
V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Os días 7 e 8 de novembro de 2014 temos previsto celebrar en Santiago de Compostela as V Xornada de bibliotecas escolares de Galicia (referencia: G1402014)

A Asesoría de bibliotecas escolares e o departamento de biblioteca escolares do CAFI colaboramos no programa e organización e estamos a traballar co fin de acadar unha actividade de interese e utilidade para o profesorado.

Esta é unha actividade aberta á participación de todo o profesorado; contamos con 1100 prazas e o prazo de inscrición non remata até o 19/09/2014.