S1401021:O imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).unha aproximación práctica

Curso do Plan Anual 2014-15 para profesorado de Administración e xestión
Ven, 27/06/2014 - 11:10
IRPF

O día 30 de xuño comezará nas instalacións do CAFI   o curso “  O imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).unha aproximación práctica” programado para o  profesorado de Formación Profesional da familia de Administración e Xestión .

 Contidos do curso

1.Rendas exentas e rendas suxeitas, unidade familiar e tributación conxunta, sancións e recargas, IRPF dos arrendamentos.

2..Rendementos de actividades profesionais en estimación directa, rendementos de actividades agrícolas e gandeiras, réxime especial de agricultura gandería e pesca.

3.A obriga de declarar. As obrigas fiscais do comercio minorista. O aprazamento das débedas tributarias. O embargo de soldos e salarios. Retencións e cálculo.

4.As ganancias patrimoniais. Módulos: obrigas fiscais de bares e restaurantes.

5.Deducións, mínimos persoais, plans de pensións, deducións..

 

Esta actividade  desenvolverase dende o 30 de xuño  ata o día 4 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas , e terá lugar nas aulas do CAFI

Como axuda estarán dispoñibles os materiais do curso na aula virtual do CAFI .

Enlace a ficha do curso:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61038