Resolución da convocatoria de Voluntariado de Lectura-A destinada ao alumnado de 3º Ciclo de Primaria, de centros de titularidade da Consellería para o curso 2013/2014
Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en relación coa convocatoria de 4 de outubro de 2013 pola que se pretende impulsar o voluntariado cultural relacionado coa lectura entre o alumnado dos centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da iniciativa denominada "VOLUNTARIA DE LECTURA -A".
Selecciónase un centro por cada unha das provincias galegas, co fin de que unha representación do alumnado que participou nas actividades relacionadas na memoria presentada ao abeiro desta convocatoria, participe nas xornadas de convivencia prevista, que terán lugar entre os días 26 e 30 de maio no Centro Residencial Docente da Coruña. Esta actividade está integrada nos programas de voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado