Convocadas as probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2014, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2014/2015
Convocadas as probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente, e fagan dezanove anos no ano 2014, ás ensinanzas artísticas superiores de Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o curso 2014/15.
Xúntase a Resolución do 9 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato.
A inscrición para realizar a proba realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 29 de maio, ambos inclusive:
- Conservatorio Superior de Música da Coruña.
- Conservatorio Superior de Música de Vigo.
- Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
- Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
- Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
- Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
- Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
- Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Resolución do 9 de abril de 2014: Acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006 (DOG) Listaxe provisional de persoas admitidas ás probas Listaxe definitiva de persoas admitidas ás probas Listaxe provisional de cualificacións nas probas de madureza do 6 de xuño Listaxe definitiva de cualificacións nas probas de madureza do 6 de xuño