G1301003: Desenvolvemento de aplicacións web con J2EE

Dentro das novidades do presente plan anual de formación do profesorado de FP da familia de Informática e comunicacións, está programada para o 3º trimestre esta acción formativa en rede.
Lun, 31/03/2014 - 12:31
Desenvolvemento de aplicacions web con J2EE

Esta actividade formativa en rede, forma parte da oferta formativa do plan anual de formación do profesorado de FP para o terceiro trimestre, destinada ao profesorado da familia profesional de Informática e comunicacións. Xurde da demanda do profesorado desta familia, para formarse en linguaxes de programación para aplicacións web, completando un itinerario formativo neste eido formado polas seguintes actividades xa rematadas:

O curso dedícase á presentación e ó desenvolvemento dunha aplicación web usando tecnoloxías JEE, usando unha arquitectura de 4 capas. Usarase unha base de datos relacional para facer a persistencia, a capa de negocio e o acceso a datos ira no servidor de aplicacións JBoss e a capa de presentación Web se despregará nun servidor de servlets coma Jetty ou Tomcat.

O titor responsable do curso, profesor da familia profesional de informática e comunicacións, ten unha dilatada experiencia laboral como programador de aplicacións web e xa actuou coma titor na actividade: Desenvolvemento web con HTML5, CSS3 e jQuery empregando as pautas de Symfony2

Xa que esta actividade celébrase en paralelo co curso G1301007: Servizos de rede e deseño dunha infraestrutura de dominio con GNU/Linux , destinada ao profesorado da mesma familia profesional, pode darse a situación de que un/ha profesor/a sexa seleccionado/a para participar nas dúas actividades. De ocorrer ese caso os/as afectados/as deberán confirmar a súa admisión no curso que máis lle interese e renunciar ao outro. No caso de confirmar a súa admisión nas dúas actividades, será dado/a de baixa de oficio de unha delas elixida ao azar, en cumprimento do artigo 10.1.e da Orde do 14 de Maio de 2013 (DOG do 22/5/13).

Data de comezo: 21/4/2014

Data de finalización: 31/5/2014

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54373

Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2223