C1302006: Proxectoterra. Da casa á escola. Edición 2013-2014

Presentación dos recursos educativos elaborados polo Proxectoterra dirixidos á Educación Infantil. Datas de celebración: 25,26 e 27 de marzo 2014. Duración: 10 horas. Horario 18-21 horas Lugar de celebración: CFR da Coruña. Aula de audiovisuais Relator: José Luis González Fernández. Coordinador do grupo de Educación Infantil do Proxectoterra
Lun, 17/02/2014 - 12:47
proxectoterra

C1302006: Proxectoterra. Da casa á escola. Edición 2013-2014

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata  26 de febreiro en https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

DATAS DE CELEBRACIÓN: 25,26,e 27 de marzo 2014

DURACIÓN: 10 horas

LUGAR DE CELEBRACIÓN: CFR da Coruña. Aula de Audiovisuais

HORARIO: 18:00-21:00

OBXECTIVOS:

-Presentación dos recursos educativos elaborados polo Proxectoterra centrados na percepción e observación por parte do alumnado dos lugares que habitamos.

-Reparar na contorna próxima para axudar o alumnado de Educación Infantil, a desvelar os elementos naturais e humanizados e as súas calidades sensoriais e expresar a súa presenza mediante distintas linguaxes.

-Representar, a través de maquetas e bosquexos sinxelos que reproduzan as construcións de modelos, os conceptos espazo-temporais relacionados co territorio.

-Dotar de procedementos, ao alumnado de Educación Infantil, para mostrar a afectividade que nos producen os espazos que vivenciamos.

RELATOR: José Luis González Fernández – Coordinador do grupo de Educación Infantil do Proxectoterra