Publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais do baremo no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas, para impartir docencia na ESAD de Galicia, nas especialidades de interpretación e técnicas gráficas
Mar, 18/02/2014 - 08:20
Xúntase o Anuncio do 10 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais do baremo no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas, para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, nas especialidades de Interpretación (594451) e Técnicas Gráficas (594457), aberto mediante o Anuncio do 15 de outubro de 2013 (DOG do 28 de outubro).
- Contra estas puntuacións provisionais e relación provisional de excluídos poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.