Ámbitos persoais de aprendizaxe
Conferencia de Jordi Adell na biblioteca do IES de Ponteceso o mércores 19 de febreiro ás 17:30 horas. Entrada libre.
Mar, 11/02/2014 - 11:42
Jordi Adell Segura é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación e doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Valencia. Actualmente é profesor titular de universidade da área de Didáctica e Organización Escolar no Departamento de Educación da Universitat Jaume I de Castelló.
A súa actividade docente está relacionada coas novas tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á educación nas diplomaturas de Mestre e a licenciatura en Psicopedagoxía. Tamén dirixe o Centro de Educación e Novas Tecnoloxías (CENT) da mesma universidade, un centro dedicado á mellora da calidade do ensino e a aprendizaxe universitarios mediante o uso das novas tecnoloxías.