Título Event node R

Proxectoterra. Da casa á escola. Edición 2013-2014
Xornadas que se desenvolverán no salón de actos do CFR de Lugo os días 7,8 e 9 de abril de 2014.
Presentación dos recursos educativos elaborados polo Proxectoterra centrados na percepción e observación por parte do alumnado dos lugares que habitamos.
PRAZAS: 50
DURACIÓN: 10 horas

Data: 

07/04/2014 - 09/04/2014
Luns, 20 Xaneiro, 2014 - 13:44

OBXECTIVOS:

1.     Reparar na contorna próxima para axudar o alumnado de Educación Infantil, a desvelar os elementos naturais e humanizados e as súas calidades sensoriais e expresar a súa presenza mediante distintas linguaxes.

2.     Representar, a través de maquetas e bosquexos sinxelos que reproduzan as construcións de modelos, os conceptos espazo-temporais relacionados co territorio.

3.     Dotar de procedementos, ao alumnado de Educación Infantil, para mostrar a afectividade que nos producen os espazos que vivenciamos.

Relator: Jose Luis González Fernández – Coordinador do grupo de Educación Infantil do proxectoterra

Menús Event node R

Tema

Sección

Áreas-CAFI