Proxectoterra. Da casa á escola. Edición 2013-2014

Xornadas que se desenvolverán no salón de actos do CFR de Lugo os días 7, 8 e 9 de abril de 2014.
PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata 14 de febreiro
PRAZAS: 50
DURACIÓN: 10 horas
Lun, 20/01/2014 - 11:56
PROXECTOTERRA
Da casa á escola

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata 14 de febreiro en https://www.edu.xunta.gal/fprofe/inscribirse.do

Presentación dos recursos educativos elaborados polo Proxectoterra centrados na percepción e observación por parte do alumnado dos lugares que habitamos.

OBXECTIVOS:

  1. Reparar na contorna próxima para axudar o alumnado de Educación Infantil, a desvelar os elementos naturais e humanizados e as súas calidades sensoriais e expresar a súa presenza mediante distintas linguaxes.

  2. Representar, a través de maquetas e bosquexos sinxelos que reproduzan as construcións de modelos, os conceptos espazo-temporais relacionados co territorio.

  3. Dotar de procedementos, ao alumnado de Educación Infantil, para mostrar a afectividade que nos producen os espazos que vivenciamos.

Relator: José Luis González Fernández – Coordinador do grupo de Educación Infantil do Proxectoterra

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI