A aprendizaxe cooperativa na aula para a Atención á diversidade

Hoxe comeza un curso de 50 horas na Facultade de Ciencias da Educación (Pedagoxía -Campus Sur) no que se abordarán os fundamentos da aprendizaxe cooperativa en condicións de inclusión.
Lun, 13/01/2014 - 19:40
atención diversidade

A APRENDIZAXE COOPERATIVA NA AULA PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Referencia: S1301049
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  13/01/2014  -  17/03/2014
Data límite de inscrición: 13/01/2014
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Pedagoxía) Campus Sur
Prazas:  30

Horas totais: 50 horas.

Horas presenciais: 31
Horas non presenciais: 19  (En rede)
 

Destinatarios

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

511 - Catedráticos de ensino secundario
597 - Mestres
590 - Profesores de ensino secundario

Obxectivos

1.Aproximarse ao coñecemento dos fundamentos da aprendizaxe cooperativa en condicións de inclusión.

2.Ofrecerlle ao profesorado as estratexias e ferramentas necesarias para estruturar a actividade da aula de xeito cooperativo.

3.Implementar na aula algunhas dinámicas de cohesión, algunhas estruturas cooperativas e algún plan de equipo.

Contidos

1.Aprendizaxe cooperativa e inclusión escolar.

2.A estruturación da actividade escolar dende a aprendizaxe cooperativa: fundamentación e conceptos básicos.

3.Ámbitos de intervención

4.Dinámicas de cohesión, estruturas cooperativas e plan de equipo.